GALICIA - Abertas as axudas do programa de apoio á innovación do Igape
Junio 2008
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ten aberta ata o próximo 21 de xullo de 2008 a posibilidade de optar ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Programa Innoempresa). O obxectivo desta iniciativa é apoiar a innovación e a competitividade das PEMES galegas mediante a realización de proxectos, tanto individuais como colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial.
As axudas poderán chegar ata o 45% dos investimentos subvencionables, sen superar as limitacións especificadas, e ata o 50% para os restantes gastos e poden aplicarse nos seguintes ámbitos:
- Diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de plans estratéxicos.
- Novos modelo empresariais innovadores que incidan na mellora das diferentes áreas da empresa.
- Proxectos de deseño de novo produto.
- Diagnósticos tecnolóxicos e plans de mellora tecnolóxica.
- Desenvolvemento tecnolóxico aplicado.
- Implantación e certificación de proxectos de I+D+I e de sistemas de xestión.
- Implantación e certificación de sistemas de xestión medioambiental, calidade e medioambiente, excelencia empresarial e seguridade da información.
- Proxectos integrados destinados a mellorar procesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor.
- Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas e uso de servizos avanzados compartidos por grupos de PEMES.



