GALICIA – Diverciencia fomenta as actividades de divulgación científica e tecnolóxica

GALICIA – Diverciencia fomenta as actividades de divulgación científica e tecnolóxica

Junio 2008

A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia ten aberta ata o luns 14 de xullo a convocatoria Diverciencia para a concesión de subvencións para executar actividades de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica. Trátase dun programa que ten o obxectivo de fomentar o coñecemento da ciencia e a tecnoloxía e conquerir que a sociedade perciba a utilidade das accións de I+D+i.

Poden optar a estas axudas entidades públicas e privadas galegas sen ánimo de lucro como son universidades, organismos públicos de investigación, Centros Tecnolóxicos recoñecidos pola Dirección Xeral de I+D+i, calquera organismo ou entidade dependente da Xunta ou do Estado que desenvolva actividades de investigación e tamén aquelas agrupacións sen ánimo de lucro que teñan demostrado capacidade na realización de actividades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
 
As actividades non poden formar parte da programación habitual da entidades solicitante nin ser conferencias, xornadas de portas abertas ou dirixirse a un público especializado. A filosofía do programa apunta á propostas co seguinte perfil:
 
-Comunicar ou divulgar contidos científicos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2008 ou na Semana da Ciencia 2008 que se celebrará entre o 10 e o 23 de novembro próximos.
-Encadrarse dentro dos obxectivos da comunicación en sensibilización social da I+D+i.
-Fomentar actividades abertas e gratuítas ou dirixidas a un público non especializado en ciencia e tecnoloxía.
-Realizar actividades que conten cun plan de difusión e comunicación, que sexan innovadoras, lúdicas e empreguen a língua galega no seu material.

http://www.conselleriaiei.org/ga/upload/dx/des/2402-a-convoc...